II Congreso Internacional RELEX: A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual

Primeira circular

Os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 terá lugar en Santiago de Compostela o Segundo Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX), dedicado este ano á terminoloxía, un campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual, pero que adquire unha importancia especial para as linguas que están inmersas nun proceso de  normalización.

O Congreso centrarase de maneira preferente en dous temas de traballo: a) «a terminoloxía e a empresa», e b) «o traballo colaborativo na elaboración da terminoloxía», aínda que se lle dará cabida tamén a calquera tema do ámbito da terminoloxía, polo que será posible a presentación de comunicacións libres sobre outros aspectos teóricos ou aplicados deste campo.

Estrutura do Congreso

Os dous primeiros días do Congreso estarán dedicados a conferencias plenarias e mesas redondas de especialistas invitados, e á presentación de comunicacións libres. As conferencias plenarias terán unha duración máxima dunha hora, e as comunicacións libres non deben sobrepasar os vinte minutos de exposición, seguidos dun breve tempo de coloquio.

O terceiro día, en sesión de mañá, estará dedicado a un taller de iniciación á utilización dos recursos terminolóxicos.

Conferencias plenarias:

Están programadas catro conferencias plenarias, que serán impartidas por especialistas de recoñecido prestixio internacional (véxase máis abaixo o programa)

Mesas redondas:

Os días 5 e 6 de outubro haberá dúas mesas redondas sobre os dous temas principais do Congreso:

  1. a) Terminoloxía e empresa
  2. b) O traballo colaborativo na terminoloxía

Comunicacións libres:

Poderanse presentar propostas de comunicación ata o 15 de marzo. Deberase enviar un resumo de arredor de 250 palabras, que se remitirá en documento adxunto ao seguinte enderezo electrónico: relatorios.relex@gmail.com con indicacións específicas de autoría. As propostas de comunicación serán sometidas a avaliación dos membros do comité científico para a súa aceptación. A resposta sobre a aceptación ou rexeitamento da comunicación enviarase antes do 15 de abril de 2015.

Linguas vehiculares do Congreso

As linguas de traballo do Congreso serán todas as románicas e o inglés. Non haberá servizo de interpretación.

Inscrición

A inscrición pode realizarse desde este momento ata o día 15 de setembro de 2015. Para levala a cabo debe cubrirse o formulario de inscrición que se acompaña a esta circular (tamén se pode baixar da páxina web de RELEX, no enderezo http://relex.udc.es/gl/actividades/II_Congreso/index.html) e envialo como documento adxunto por correo electónico (ou ben por correo postal ao enderezo que se indica na folla de inscrición), acompañado do xustificante de pagamento[1], ao enderezo inscricion.relex@gmail.com

O custo da inscrición será de 70 euros para os/as participantes con comunicación. Os/as que non presenten comunicación terán unha cota de 40 euros. Existe unha tarifa especial de 30 euros para  estudantes e persoas en situación de desemprego, sempre que xustifiquen esta condición.

Comité organizador:

            Presidentes:

                        Manuel González González (USC. Director de Termigal)

Xosé María Gómez Clemente (UVIGO)

Secretaria:

Inés Veiga (USC. Termigal)

Vogais:

María Dolores Sánchez Palomino (UDC)

Félix Córdoba Rodríguez (UDC)

María Teresa Sanmarco Bande (USC)

María José Domínguez Vázquez (USC)

Mª Isabel González Rey (USC. Campus de Lugo)

Carlos Valcárcel Riveiro (UVIGO)

 

Comité científico (figuran só os membros que confirmaron xa a súa aceptación):

Cleci Regina Bevilacqua (Profesora da Universidade Federal do Rio Grande do Sul. Grupo Termisul. Presidente de RiTerm)

Jordi Bover i Salvadó (Director de Termcat)

María Teresa Cabré i Castellví (Presidenta da Secció Filológica do Institut d’Estudis Catalans)

Célio Conceiçao (Profesor da Universidade de Faro)

Loïc Depecker (Profesor de Paris III. Presidente da Société française de terminologie)

Francisco Fernández Rei (Profesor da USC, académico numerario da RAG e membro do seu Seminario de Terminoloxía)

Cristina Florescu, Academia Român?, Filiala Ia?i Institutul de Filologie Român? «A. Philippide»

Thierry Fontenelle, Head of Translation Department at Translation Centre for the Bodies of the European Union

Natividad Gallardo (Profesora da Facultad de Traducción da Universidad de Granada)

Nathalie Lemaire (Chargée de recherches. Centre de recherche en linguistique appliquée TERMISTI. Institut supérieur de traducteurs et interprètes – Haute École de Bruxelles)

Paulino Novo Folgueira (Fundación Galicia-Empresa)

Manuel Núñez Singala (Servizo de Normalización Lingüística da USC)

Antonio Pareja, Membro de AENOR (Agencia Española de Normalización)

Louis-Jean Rousseau (Office québecois de la langue française)

Mercedes Suárez (CITERM Research Group. Profesora da Universidad Autónoma de Manizales (Colombia)

Chelo Vargas Sierra (Institut Interuniversitari de Llengües Modernes Aplicades- IULMA. Universitat d’Alacant)

Mariateresa Zanola (Profesora da Università Cattolica del Sacro Cuore de Milán e Presidenta de Realiter)

Comité de honra:

Xesús Vázquez, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Xosé Luís Armesto, Reitor da UDC

Salustiano Mato, Reitor da UVIGO

Juan Viaño, Reitor da USC

María Xosé López Couso, Decana da Facultade de Filoloxía da USC

Juan Manuel Sánchez Padrós, Presidente da Fundación Galicia-Empresa

Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega

ADIANTO DE PROGRAMA

Día 5-10-2015:

9 : Entrega de documentación e presentación

9,30: Inauguración oficial

10-11: Conferencia inaugural a cargo de María Teresa Cabré, Presidenta da Secció Filológica do Institut d’Estudis Catalans.

11-11,30: Pausa-café

11,30-13: Presentación de comunicacións libres

13-14,15: Mesa redonda O traballo colaborativo en terminoloxía.

16,30-17,30: Conferencia plenaria a cargo de Manuel Célio Conceiçao, da Universidade de Faro.

17,30-19,30: Comunicacións libres.

Día 6-10-2015:

9,30-10,30: Conferencia plenaria a cargo de Loïc Depecker,  Profesor da Université Paris III, e Presidente da Société française de terminologie.

10,30-11,30: Presentación de comunicacións libres

11,30-12: Pausa-café

12-13: Presentación de comunicacións libres

13-14,15: Mesa redonda Terminoloxía e empresa.

16,30-17,30: Conferencia plenaria a cargo de Mariateresa Zanola, da Università Cattolica del Sacro Cuore de Milán e Presidenta de Realiter.

17,30-19,30: Comunicacións libres.

Día 7-10-2015:

10-13: Taller sobre recursos terminolóxicos.

13,15-13,30: Clausura do congreso.

[1] O ingreso de inscrición debe facerse na conta IBAN: ES40-0049-2584-9022-1400-2210 (Banco Santander), indicando concepto: Congreso RELEX.TERMINOLOXÍA

Fuente: Termigal

Artículos Relacionados