Como se facer membro de AETER?
A Asociación Española de Terminoloxía é unha asociación que ten como principal obxectivo facilitar o intercambio científico en materia de terminoloxía e linguaxes de especialidade.
Ser membro da Asociación proporciona, entre outras vantaxes, a asistencia gratuíta ás Xornadas de AETER sobre Terminoloxía e temas afíns que se organizan anualmente.
Poden formar parte de AETER aquelas persoas ou institucións que así o soliciten, de acordo cos Estatutos da Asociación. Os socios institucionais están representados por unha persoa da súa designación, sen prexuízo de que esta última sexa, á súa vez, socio a título persoal. A cota anual é de 30,05 Euros para os membros individuais e de 72,12 Euros para as institucións.
O pagamento das cotas efectuarase durante o primeiro trimestre de cada ano previa recepción da factura correspondente.
Co fin de axilizar os trámites, o pagamento das cotas só se poderá efectuar da maneira seguinte:
• mediante domiciliación bancaria para os membros individuais e os organismos que dispoñan desta posibilidade.
• mediante transferencia á conta da Asociación unicamente para aqueles organismos ou institucións que non poidan domiciliar a cota. É importante que o número da factura figure no campo Observacións.
Para ser admitidos como socios, os interesados deben, en primeiro lugar, encher o formulario de inscrición desta sección seleccionando o tipo de usuario, que pode ser individual ou institucional.
O solicitante será dado de alta unha vez que aboe a primeira cota domiciliada.