Joaquín García Palacios é doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca e Catedrático de Universidade no Departamento de Tradución e Interpretación, do que foi director entre 1999 e 2004. Ocupouse de distintas materias relacionadas coa lingua española e a lingüística aplicada, e actualmente imparte clases de Terminoloxía e Xestión terminolóxica. Publicou artigos e monografías sobre lingua española, o léxico e os dicionarios, centrándose especialmente na terminoloxía e os dicionarios de especialidade, e nas relacións destes dous ámbitos coa tradución. Os seus últimos artigos están centrados na neoloxía e na dependencia terminolóxicas. Actualmente dirixe un proxecto de investigación sobre a neoloxía terminolóxica no ámbito das neurociencias e outro sobre neoloxía xeral do español.
Máis información na súa web persoal: http://diarium.usal.es/gpalacios/
Nava Maroto García é doutora en Tradución pola Universitat Jaume I cunha tese sobre a formalización das relacións conceptuais por medio de ontoloxías. Durante quince anos impartiu docencia en Terminoloxía, Tecnoloxías e Documentación na titulación de Tradución e Interpretación da Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade imparte docencia no Departamento de Lingüística Aplicada á Ciencia e á Tecnoloxía da Universidade Politécnica de Madrid e en diversos másteres oficiais (Universidade de Alcalá de Henares, Universidade de Valladolid, Universidade de Salamanca, Universitat Jaume I, entre outras). Colaborou co grupo de investigación TecnoLeTra da Universitat Jaume I (2006-2012) e desde 2013 é membro do grupo de investigación NeoUsal-Ateneo da Universidade de Salamanca. Traballou como terminóloga no Servizo de Tradución da Comisión Europea e en diversos proxectos de internacionalización de servizos.
Rosa Castro Prieto é doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Granada e Licenciada en Filoloxía Española pola Universidade Autónoma de Madrid. Desenvolveu a súa carreira académica nestas dúas universidades impartindo docencia en Terminoloxía aplicada á tradución na licenciatura da UGR e no grao de Tradución da UAM. Así mesmo, é docente no máster interuniversitario de Tradución Audiovisual e Localización (TRAVLOC) no que coordina e imparte a materia de Xestión terminolóxica. Publicou diversos artigos orientados por unha banda ao estudo do léxico en español, desde unha perspectiva histórica recente, e doutra banda ao da terminoloxía e a súa xestión, e ao da formación do tradutor e á aplicación das novas tecnoloxías ao proceso da tradución. Desde hai máis de quince anos participa como investigadora en proxectos de innovación docente (Aula.int) relacionados coa formación integral do intermediario na comunicación, así como en grupos de investigación dirixidos á análise da xeración de coñecemento especializado desde unha perspectiva lingüística.
Máis información na súa web persoal: https://sites.google.com/site/mrosacastroprieto/
Chelo Vargas-Sierra, licenciada e doutora en Tradución e Interpretación (inglés), é profesora titular da Universidade de Alacante (UA). Premio Extraordinario de Doutoramento no 2007, é Máster en Terminoloxía polo Institut Universitari de Lingüística Aplicada (IULA) da Universitat Pompeu Fabra e conta coa ‘Suficiencia Docente’ no curso de doutoramento “Aplicacións da Informática» da UA, ademais de con varios cursos de posgrao sobre terminoloxía e tradución especializada. As súas liñas de investigación abranguen a terminoloxía, a terminografía, a lingüística de corpus, a tradución especializada, e a tradución asistida por computador, liñas sobre que as que ten diferentes publicacións e relatorios en congresos.
Máis información na súa web persoal: http://personal.ua.es/es/chelo-vargas/
Iria da Cunha Fanego é doutora en Ciencias da Linguaxe e Lingüística Aplicada pola Universitat Pompeu Fabra. É investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Filoloxías Estranxeiras e as súas Lingüísticas da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e dirixe a liña “Discurso e Procesamento da Linguaxe Natural”. É membro do grupo de investigación ACTUALing (UNED) e membro externo do grupo IULATERM do Institut de Lingüística Aplicada (IULA-UPF). É Vogal do Comité de Terminoloxía de AENOR, AEN-CTN-191. Foi parte do Comité Executivo da Rede Iberoamericana de Terminoloxía (RITERM) e do Comité Editorial da revista Debate Terminológico do 2010 ao 2014. Imparte docencia relacionada con terminoloxía, tradución especializada, lingüística e TIC na UNED.
Máis información na súa web persoal: http://iriadacunha.com/
Imanol Urbieta Sorarrain é economista, licenciado en CC.EE. e Empresariais pola Universidade de Deusto. Desenvolveu a súa carreira profesional en diferentes cargos de responsabilidade, fundamentalmente como responsable administrativo-financeiro, en diversas empresas e organismos. Actualmente, e desde 2002, é o xerente do centro de terminoloxía e lexicografía UZEI. É tesoureiro do clúster das industrias da lingua do País Vasco, Langune. É membro da Xunta Directiva de EAFT (Asociación Europea de Terminoloxía). É membro da Xunta Directiva do Colexio Vasco de Economistas (Guipúzcoa).
Máis información na súa web persoal: https://www.linkedin.com/in/urbieta/
Miguel Ángel Candel-Moura, doutor en Filoloxía Inglesa e máster en Tradución pola Kent State University, é profesor titular no Departamento de Lingüística Aplicada da Universitat Politècnica de València, onde imparte cursos de linguas de especialidade, terminoloxía aplicada á tradución e tecnoloxías da lingua. Desde hai máis de 25 anos participa activamente na industria da tradución e a localización. O seu interese académico céntrase na análise de tecnoloxías da lingua para a tradución, o uso de ferramentas informáticas aplicadas á xestión terminolóxica, a lingüística de corpus e a explotación de datos e textos. Na actualidade é director do Máster en Linguas e Tecnoloxía da Universitat Politècnica de València.
Máis información en: https://www.linkedin.com/in/miguelcandel/