A base de datos terminolóxicos Terminesp é parte da Terminoteca da Wikilengua. É un banco de datos terminolóxicos da lingua española promovido pola Asociación Española de Terminoloxía (AETER), creado a partir dos datos proporcionados pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR).

O obxectivo principal do banco de datos terminolóxicos Terminesp é ofrecer as definicións incluídas nas normas españolas UNE de varias decenas de miles de termos, con equivalencias noutras linguas, cando as hai, tal como aparecen nelas.

Os campos de información posibles para os termos son os seguintes:

  • Definición
  • Lingua
  • Norma UNE
  • Nota
  • Termo en alemán
  • Termo en español
  • Termo en francés
  • Termo en inglés
  • Termo en italiano
  • Termo en latín
  • Termo en sueco
  • Título da norma

Para máis información, pode consultarse a seguinte páxina:
http://www.wikilengua.org/index.php/Wikilengua:Terminesp

A base de datos terminolóxicos Terminesp está incluída tamén como un dos recursos da Plataforma Enclave de ciencia promovida pola Real Academia Española e a FECYT: https://enclavedeciencia.rae.es